O Concello de Bóveda facilita o rexistro de granxas avícolas para autoconsumo

O alcalde-presidente do Ilmo. Concello de Bóveda, José Manuel Arias López, vén de informar nun recente bando publicado, sobre a obrigatoriedade de inscrición no Rexistro Xeral de explotacións gandeiras para todas as granxas avícolas, incluídas as de autoconsumo.
As persoas interesadas en criar galiñas, polos, pavos, patos, perdices, pombas, entre outros, para autoconsumo deben realizar esta inscrición, sempre e cando non teñan intención de vender ovos, carne ou outros produtos. Esta normativa afecta a galiñeiros cun máximo de 30 galiñas poñedoras ou 50 polos de engorde.
Para cumprir coa regulamentación, os titulares das explotacións avícolas deben comunicar os datos necesarios para a súa inscrición no Rexistro autonómico. Poderán facelo a través da páxina web da Xunta, cubrindo o modelo MR501A. A presentación pode ser telemática, mediante Chave 365 ou certificado FNMT, ou de forma presencial na oficina de Extensión Agraria correspondente.
O Concello de Bóveda ofrece axuda a aqueles veciños e veciñas que necesiten asistencia para completar este trámite.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Alumnado do CEIP Rosalía de Castro participa nun obradoiro sobre trampas para velutinas

Seguinte Nova

XLIV Feira do Viño de Amandi: un mes repleto de cultura, gastronomía e tradición

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio