O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, presentou no miradoiro de Pena do Conde, na Barca, a programación completa da XLIV Feira do Viño de Amandi. Este evento, un dos máis agardados da comarca, acollerá a milleiros de visitantes durante o fin de semana do 22 aínda que ofrécense actividades durante todo marzo, no chamado mes do Amandi. Estivo acompañado por parte do equipo de Goberno, adegueiros e adegueiras. Este ano o convidado de honra é o Concello de Pereiro de Aguiar, nunha edición da feira que por vez segunda vai comezar o venres 22 de marzo e estenderse durante o sábado e domingo de Ramos. Para a presente edición están inscritas 22 adegas da subzona de Amandi.
A encargada de pronunciar o pregón da XLIV Feira do Viño de Amandi, o domingo día 24 ás 13:00 horas, será a xornalista e presentadora de televisión Lucía Rodríguez, unha auténtica representante da terra, coa súa raíz profundamente arraigada na Ribeira Sacra, dado que o seu pai é de Sober, de Neiras, e a súa nai de Castro Caldelas.
O MES DO AMANDI
As actividades pendentes do mes do Amandi son as seguintes:
-Sábado 16 de marzo: paseo histórico pola parroquia de Santiorxo. Inscricións: coladodoventomail.com. Organiza: Asociación O Colado do Vento
- Sábado 16 e domingo 17 de marzo: proba de xaurías sobre Xabarín Salvaxe. Organiza: Club Español do Griffón Bendeano.
- Luns 19 de marzo
-De 10.00 a 14.00 horas no Centro Sociocultural de Sober “4º CONCURSO DE SUMILLERS”. Organiza: Escola de Hostalería de Rosende.
PROGRAMA DE ACTOS
- Venres 22 de Marzo:
Ás 19.00 horas actuación de Batucada XdL de Monforte.
Ás 19.30 horas inauguración a cargo da Adega D’fran de Vilachá de Doade, en lembranza de José María Díaz.
Ás 20.30 horas actuación da Banda de música folk de Ribas de Sil.
Ás 22.30 Actuación da Charanga Festicultores Troupe. - Sábado 23 de marzo
Ás 11.00 horas: Apertura de stands.
Ás 11.15 horas: Actuación de Baturruka de Monforte.
-Ás 12.30 horas: Actuación da Banda de música de Sober.
-Ás 17.00 horas: Comezo da Precata Oficial.
-Ás 18.00 horas: actuación de Batucada creativa de Monforte.
-Ás 20.00 horas: Actuación da Charanga Louband de Sarria.
-Ás 23.00 horas: Actuación de Malenne na Praza do Concello. - Domingo 24 de marzo
Ás 10.45 horas: Actuación da Charanga NBA.
-Ás 11.00 horas. Pasarrúas coa Banda de Música de Sober.
Ás 11.30 horas: Comezo da Cata Final Oficial.
Ás 11.30 horas: Misa Solemne coa Bendición de Ramos, na Igrexa de Sober.
-Ás 12.30 horas: Recepción de Autoridades na Casa do Concello.
-Ás 13.00 horas: Pregón a cargo da xornalista Lucía Rodríguez, presentadora da TVG.
-Ás 13.30 horas: Entrega de Premios.
-Ás 17.30 horas: Actuación da Charanga NBA
-Ás 19.30 horas: Baile coa orquestra Los Satélites.
OUTRAS ACTIVIDADES
Ademáis, do 15 ao 17 de Marzo na Casa Grande de Rosende realizarase o Taller de Campo «Literatura e paisaje», con Julio Llamazares.
Ademais, entre o 8 de marzo é o 25 de maio, «Redes lilas», feminismo dende o pobo e para o pobo. •