A AIE Ribeira Sacra Next traballa no seu Plan Director

Encontro celebrado no Hotel Cardenal de Monforte, para presentar propostas de cara a elaboración do Plan Director da Agrupación de Interese Económico Ribeira Sacra Next. Foto RSN.

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra organizou unha xornada para presentar propostas para a elaboración do Plan Director da Agrupación de Interese Económico Ribeira Sacra Next.
O encontro, que tivo lugar no Hotel Cardenal de Monforte de Lemos, reuniu a medio cento de persoas, incluíndo representantes empresariais e académicos.
Andrés Mazaira Castro, Profesor do Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo-Ourense e José Pablo Abeal Vázquez, Profesor do Departamento de Empresa da Universidade da Coruña, expuxeron as súas propostas e metodoloxías para o desenvolvemento do plan. Severino Rodríguez, Secretario da Agrupación Empresarial, subliñou a importancia da participación de todos os sectores empresariais da Ribeira Sacra na definición do plan.
Destacouse a necesidade de pensar na colectividade, non en individualidades, así como a importancia da innovación, sustentabilidade e colaboración. O plan buscará resultados concretos e será desenvolvido con participación comunitaria. Representantes de empresas, entidades colaboradoras e alumnado participaron na xornada. Tras un debate, decidiuse desenvolver o Plan Director coa colaboración da Universidade da Coruña e coa Universidade de Vigo-Ourense tamén implicada. O Presidente da Agrupación, Manuel Dacosta, expresou a súa ilusión, anticipando que o plan estará listo en 16-20 semanas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Actividades e viaxes para os pensionistas de Pantón

Seguinte Nova

O IES A Pinguela ofrece cursos gratuitos para desempregados

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss