Alta demanda de parcelas no Polígono de Os Acivros

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, en compaña de Iñaki Castiñeira, presidente da Asociación de empresarios de Chantada-CCA Ribeira Sacra. Foto GPCCH.

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, acompañado por Iñaki Castiñeira, presidente da Asociación de Empresarios de Chantada-CCA Ribeira Sacra, visitou o Polígono de Os Acivros para supervisar as tarefas de limpeza levadas a cabo polo concello nos accesos e beirarrúas do polígono industrial chantadino.
Durante a visita, analizouse a elevada demanda de parcelas neste parque empresarial. Actualmente, seis empresas locais están a construír as súas naves en parte das parcelas anteriormente dispoñibles. Manuel Lorenzo Varela subliñou que «é un feito histórico para Chantada que se instalen seis empresas ao mesmo tempo e todas elas de sectores distintos. Actualmente, o polígono chantadino é o que experimenta un maior crecemento na provincia de Lugo en termos de número de habitantes».
O rexedor local informou que se están a realizar os trámites necesarios para ampliar o polígono no menor prazo posible e continuar dotándoo de sinais identificativas nos accesos á área industrial. «O ritmo do polígono é moi positivo, as parcelas están a esgotarse, quedan 3 ou 4 por vender. Desde o Concello estamos a traballar a todo vapor para realizar as ampliacións pertinentes. Ampliaremos cara á N-540 para darlle máis visibilidade ao Polígono e tamén por detrás, onde se realizou a segunda fase», explicou o alcalde.
O Concello de Chantada é responsable de todos os servizos do Polígono dos Acivros, incluíndo saneamento, iluminación, estradas e beirarrúas. O ano pasado, a Xunta de Galicia e o Concello destinaron 1,3 millóns de euros para mellorar o subministro eléctrico desde a subestación de Vilela, en Merlán. «Con isto, o Polígono ten capacidade eléctrica para triplicarse», asegurou o alcalde.
O Polígono Industrial dos Acivros comezou a funcionar en 1986 cunha primeira fase realizada por Sigalsa, na que queda por vender unha parcela de máis de 8.000m2. A segunda fase foi realizada por Suplusa a través da Deputación Provincial e, despois das últimas ventas, quedan tres parcelas por vender.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aforro enerxético e renovables no Colexio dos Escolapios

Seguinte Nova

A Xunta apoia as demandas do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

Ir aInicio

Don't Miss