Apróbase por unanimidade o Plan de Cooperación cos Concellos 2024

Este programa da Deputación de Lugo inxectará en total máis de 25 millóns de euros no tecido socioeconómico sumando as achegas dos municipios

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado por algúns dos membros do equipo de goberno, na súa chegada ao Pleno do pasado martes. Foto GPDL.

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou de forma unánime este martes o Plan de Cooperación cos Concellos 2024, no que se inclúen os proxectos e actuacións propostos polos 67 concellos da provincia para seren executados coa axuda dos fondos asignados para este fin. Con máis de 25 millóns de euros de fondos públicos, esta iniciativa busca impulsar o desenvolvemento socioeconómico de Lugo, tendo en conta tamén as achegas dos concellos, que superan os 2,5 millóns de euros.
O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, destacou a importancia deste programa, que se aproba polo cuarto ano consecutivo no primeiro trimestre, permitindo aos concellos planificar as súas accións con máis previsión e responder de forma máis eficaz ás necesidades dos veciños. Ademais, Tomé Roca instou á Xunta de Galicia aa poñer en marcha “unha ferramenta similar” para “garantir a equidade” no reparto dos fondos públicos e “evitar usos partidistas” dos mesmos.
A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno, explicou que a distribución dos recursos se realiza de forma transparente e obxectiva, tendo en conta as propostas presentadas polos concellos para investir estes fondos, dentro dos diferentes programas: investimentos; Servizo de Axuda no Fogar (SAF); reforzo do emprego; actividades culturais; actividades deportivas; actuacións e eventos turísticos; feiras e mercados; administración electrónica e protección de datos; e protección civil.
Nas peticións das entidades locais teñen prioridade os investimentos, aos que deciden dedicar preto de 17 millóns de euros -case o 70% do total dos fondos-, para acometer 331 obras e subministracións; seguido da creación de emprego, á que destinan 3,7 millóns cos que crearán 301 postos de traballo; e do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), para o que os concellos de menos de 20.000 habitantes reciben 3 millóns de euros para atender a unhas 2.000 persoas.
Ademais, o Pleno tamén aprobou unha modificación do Orzamento da Deputación para o ano 2024, que permitirá materializar o Plan de Cooperación. Esta modificación inclúe a transferencia de crédito para adaptar as partidas orzamentarias ás necesidades dos concellos, así como un suplemento de crédito para incrementar os fondos destinados ao Plan de Cooperación ata os 21,75 millóns de euros.
Tamen se aprobou a cesión de dous tramos de estradas provinciais aos Concellos de Monterroso e Outeiro de Rei, co obxectivo de mellorar a xestión destas vías e favorecer a mobilidade dos veciños.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Alcalde de Monforte anuncia unha ambiciosa renovación da Piscina Municipal

Seguinte Nova

Formación sociosanitaria e forestal co Obradoiro de Emprego Ricra VII

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: