O pasado xoves, a Deputación de Lugo mantivo en funcionamento un operativo para axudar a aliviar os efectos da neve que caeu nas estradas provinciais dos concellos afectados polas últimas horas. Despois dunha mañá de intenso traballo, a totalidade da rede viaria provincial quedou aberta na tarde deste día, a pesar dos espesores de neve alcanzados, que oscilaron entre os 10 e 12 centímetros.
Entre os concellos máis afectados pola neve destacan Pedrafita do Cebreiro, Cervantes e Folgoso do Courel. Para facer fronte a esta situación, o operativo despregou a 48 operarios e 32 máquinas e vehículos. Ademais, contou coa axuda dos 12 silos de sal, cada un abastecido con 35 toneladas.•