Comeza en Pantón un obradoiro de Scrapbooking para amantes da creatividade

A partir deste luns, 1 de abril, o centro sociocultural de Pantón acolle un obradoiro moi especial: o de Scrapbooking. Esta técnica artesanal, destinada á personalización de álbumes, libros e tarxetas, chega á localidade da man de Ebe Baudino, que descubriu o scrapbooking nun taller de artesanía e decidiu compartir a súa paixón para que outras persoas poidan desfrutar dela. “A técnica atrapoume hai seis anos e desde entón non puiden separarme dela. Aporta moita calma e permite crear pezas únicas que reflicten a túa personalidade e estado de ánimo”, explica a monitora.
O obradoiro terá lugar os luns de 18:00 a 20:00 horas, ten un prezo de 25€ ao mes e inclúe todo o material necesario para a súa práctica. Está dirixido a todas as persoas interesadas, desde a adolescencia en diante, e para participar é necesario inscribirse chamando ao número 667 41 11 07.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Formación sociosanitaria e forestal co Obradoiro de Emprego Ricra VII

Seguinte Nova

Actividades e viaxes para os pensionistas de Pantón

Últimas noticias sobre LECER

A %d blogueros les gusta esto: