Dende o organismo provincial tamén demandan a reposición da estrada do Courel

No último Pleno da Deputación de Lugo, celebrado o pasado martes 26 de marzo, aprobouse por maioría a proposta presentada polo Grupo Provincial socialista, co apoio do BNG, para esixir á Xunta de Galicia medidas urxentes na reposición da estrada autonómica LU-651, así como para a posta en valor das antigas minas de antimonio de Santa Eufemia.
A Voceira provincial socialista, Pilar García Porto, denunciou a lentitude e falta de planificación da Xunta na solución dos problemas derivados do afundimento da estrada, ocorrido en marzo de 2022. García Porto criticou o desinterese da Xunta, sinalando os xenerosos prazos de execución concedidos pola Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mentres se reclamaba axilidade a outras administracións para resolver cuestións de mobilidade máis complexas.
A deputada subliñou que as intencións da Xunta ían máis alá de arranxar a estrada, acusando o goberno galego de querer utilizar as antigas minas de antimonio de Santa Eufemia como escombreira da obra, o que suporía un dano irreparable ao patrimonio industrial, cultural e arqueolóxico da provincia.
García Porto destacou o alto valor das antigas minas, que contan con galerías, fornos de cal e vagonetas, así como posibles poboacións de morcegos, e resaltou o seu significado xeolóxico al estar nas estribacións do Xeoparque do Courel.
A Deputada lamentou o desinterese da Xunta polo rural e criticou a súa actitude de deixar illadas as zonas afectadas polo afundimento da estrada, así como a súa falta de respecto ao patrimonio natural e cultural da provincia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Chega a neve ás estradas da provincia

Seguinte Nova

A Velutina: Un desafío para o ecosistema e a apicultura

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio