Galicia impulsa a competitividade empresarial: 3,2 millóns de euros para pemes e 4 millóns en servizos avanzados

Desde o ano 2012, o ReAcciona promoveu o desenvolvemento de máis de 2.700 servizos que permitiron melloraR a competitividade de preto de 2.000 empresas galegas. Foto ARQUIVO.

Este luns, 1 de abril, abre o prazo para presentar solicitudes ao programa ReAcciona da Xunta de Galicia, unha iniciativa que ofrece ás pequenas e medianas empresas galegas unha serie de ferramentas e servizos avanzados para potenciar a súa competitividade. Este programa, que estará dispoñible ata o 15 de novembro, suma un investimento de máis de 3,2 millóns de euros, co obxectivo de mobilizar un total de 4 millóns de euros en recursos, promovendo así o crecemento e desenvolvemento empresarial en Galicia.
A través do ReAcciona, as empresas interesadas, en colaboración con entidades asociadas, poderán solicitar acceso a servizos de alto valor engadido, co apoio de expertos en diferentes áreas.

DESENVOLVEMENTO ESTRATÉXICO
O programa abarca ámbitos como o desenvolvemento estratéxico, a optimización da xestión financeira, a innovación en produtos e servizos, e agora tamén inclúe novas áreas de actuación, como o apoio a empresas emerxentes innovadoras, a análise do cumprimento normativo e os riscos legais, a captación e xestión do talento, así como a promoción de melloras nos ámbitos ambiental, social e de gobernanza.

COMPETITIVIDADE EMPRESARIAL
En total, o ReAcciona ofrece ás pemes galegas ata 13 servizos diferentes para impulsar a súa competitividade, sendo requisito imprescindible que as empresas teñan como mínimo tres traballadores.

AXENTES COLABORADORES
As accións desenvolvidas no marco deste programa son realizadas por axentes colaboradores, que acompañan á empresa durante un período de tres a seis meses. Estes servizos, de carácter práctico, buscan a profesionalización da empresa, ofrecendo acompañamento e formación necesarios para o seu desenvolvemento.

80% DE FINANCIACIÓN
A Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través do Igape, financia ata o 80% do custo do servizo para as pemes participantes. O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Axencia Galega de Innovación (Gain) colaboran no desenvolvemento deste programa, que desde a súa creación en 2012, promoveu máis de 2.700 servizos, beneficiando preto de 2.000 empresas galegas e mobilizando un total de 13,7 millóns de euros..•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Catro millóns de euros en axudas para a reestruturación e reconversión da viña

Seguinte Nova

I Circuito Comarcal de de Cross Escolar

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss