O pasado venres, con ocasión da programación da Feira do Viño de Quiroga, o Auditorio de Quiroga acolleu o primeiro concerto de Mario Colomán & The Clocks Band, quen co seu entusiasmo, frescura e bo facer sobre o escenario, contaxiaron ao numeroso público que enchía o auditorio dunha química que non sempre se ve nun concerto. Sabemos que detrás deste debut houbo moito traballo e tesón, e tamén talento. Todo fai indicar que están listos para vivir emocións fortes nun futuro máis que prometedor.