O IES A Pinguela ofrece cursos gratuitos para desempregados

Imaxe dunha clase de Estética no IES A Pinguela. FOTO: IESAP

O IES A Pinguela ofrecerá tres cursos AFD dirixidos a desempregados á volta da Semana Santa. Os cursos, de nivel 1, non requiren estudos previos e son financiados pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. Os cursos ofertados son:

  • Arranxos e adaptacións de pezas e artigos en téxtil e pel, 408 horas, cunha financiación de 29.909,70 euros. Comezará o 5 de abril e rematará o 24 de xullo en horario de 9:00 a 14:00 horas.
  • Operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos, ten unha duración de 388 horas e unha financiación de 29.934,00 euros. Desenvolverase do 5 de abril ó 18 de xullo en horario de 16:00 a 21:00 da tarde.
  • Servizos auxiliares de estética, terá unha duración de 378 horas. A súa financiación alcanza os 25.833,60 euros e realizarase do 18 de abril ó 31 de xullo en horario de 16:00 a 21:00 da tarde.
    Cada curso terá 15 vacantes e todos os interesados deben estar inscritos na Oficina de Emprego.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A AIE Ribeira Sacra Next traballa no seu Plan Director

Seguinte Nova

Aforro enerxético e renovables no Colexio dos Escolapios

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

Ir aInicio

Don't Miss