Dentro da programación de actividades que con ocasión da Semana Santa preparou o Concello de A Pobra do Brollón, a pesar das inclemencias meteorolóxicas, unha das propostas levou a numerosos visitantes a coñecer de primeira man Os Conventos, unha fascinante zona arqueolóxica situada na Ribeira Sacra, que ofrece unha perspectiva única da evolución histórica da paisaxe local. Neste lugar, no contexto do proxecto Adegas da Memoria, levouse a cabo a primeira datación por Carbono-14 para esclarecer con precisión científica as orixes das terrazas vinícolas da ribeira.•