Da man do Colectivo Vermut, a Fraternal está a tratar de volver á vida, logo duns anos, na que a histórica sociedade recreativa do barrio da Estación estivo esquecida. É moi de valorar iniciativa deste colectivo, e confiamos en que teña a adecuada resposta para non perder definitivamente unha sociedade que forma parte da memoria de moitos de nós.