A Deputación de Lugo inviste 120.000€ na mellora da estrada provincial que une Bóveda e Monforte

O presidente, José Tomé Roca, comprobou o avance dos traballos na LU-P-0901 entre os quilómetros 8,3 e 10,7

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, supervisou as obras de mellora que a institución provincial está acometendo na estrada LU-P-0901, que une Bóveda e Monforte pola parroquia de Ribas Pequenas, cun investimento de 120.000€. Os traballos de acondicionamento afectan a un tramo que vai do punto quilométrico 8,319 ao 10,709, no límite municipal entre ambos concellos.
O proxecto, que rematará previsiblemente en maio se as condicións meteorolóxicas o permiten, consiste na na apertura de cunetas, eliminando a vexetación e a terra sobrante; no aumento da lonxitude da cuneta en 15 metros e medio; na pavimentación do firme cunha capa de aglomerado en quente; e na reposición da sinalización horizontal mediante o pintado con marcas reflexivas brancas.
En concreto, a empresa adxudicataria -Francisco Gómez y Cía- está traballando no tramo que vai do lugar da Carballeda, desde o enlace coa estrada LU-P-3202 na parroquia de Fiolleda, cara o acceso á Finca de Tor. Un treito que afecta tamén ás aldeas de Pol, Carrouba e Tor.
As obras, que empezaron a finais de marzo, avanzan a bo ritmo, destacou o Presidente. Tendo en conta que o prazo de execución é de de mes e medio, a actuación terá que estar rematada a principios de maio.
O Presidente subliñou a importancia destas obras acometidas pola Deputación, pois a estrada LU-P-0901 une os concellos de Monforte e Bóveda, comunica media ducia de parroquias (Fiolleda, Baamorto, Tor, Gullade e San Xillao de Tor), e dá servizo á finca e ao Museo Pazo de Tor, recursos propiedade da institución provincial.

ESFORZO INVESTIDOR EN MOBILIDADE
José Tomé destacou así mesmo que esta nova actuación forma parte da actividade continua que desenvolve a Deputación de Lugo para mellorar a mobilidade no conxunto da provincia a través dun esforzo investidor que incrementou nun 42% dende que está á fronte da institución provincial. De feito, dende o ano 2019, a Deputación destinou 34,6M€ á mellora da rede viaria provincial, que é a máis extensa de toda España e tres veces maior ca da Xunta de Galicia en Lugo.
O acondicionamento da LU-P-0901 súmase ás que a Deputación acometeu para mellorar as vías de acceso á Finca de Tor, acondicionando a LU-P-2107 que une Monforte de Lemos con Tor, e unha nova construción de 600 metros para conectar coa pista existente que accede ao Pazo cun investimento total da Deputación de 480.000€. Ademais, a institución provincial actuou na LU-P-3202, que conecta coa LU-P-0901 e comunica Monforte e Currelos, unha estrada á que leva destinado en total un investimento de 800.000€.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A portavoz nacional do BNG reclama maior financiamento da Xunta para vivendas comunitarias en Samos

Seguinte Nova

Xornadas Pacegas: Revoltas Irmandiñas no Pazo de Tor

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss