Celebrarase o XXXI Certame Municipal de Teatro en Monforte

O Concello de Monforte de Lemos, a través da súa Concellería de Cultura, convoca o XXXI Certame Municipal de Teatro para centros de ensino da cidade, que terá lugar do 15 de abril ao 3 de maio de 2024.
Este certame, que se desenvolverá no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro ás 20:00 horas, contará coa participación de nove obras teatrais, cada unha representada por diferentes centros educativos e asociacións locais.
Os centros participantes nesta edición son o CEE Infanta Elena, Colexio Ferroviario, CEIP A Gándara, CEIP de Monforte Colexio Novo, IES A Pinguela, IES Río Cabe, ANPA do CEIP A Gándara, Colexio PP Escolapios e a Asociación Prodeme.
O Concello de Monforte colaborará cos centros educativos participantes, proporcionando material para a realización das obras, cunha axuda económica máxima de 100 euros por centro ou asociación.
Os premios consistirán na gravación das obras representadas, que serán entregadas aos centros participantes nun dispositivo de memoria USB, xunto cun diploma acreditativo para cada un dos participantes. A entrega de premios terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o 9 de maio ás 18:00 horas.

DATAS
As obras e as súas datas de representación son as seguintes:

  • CEIP A Gándara: «A historia xamais contada da Pombiña fachendosa» – 15 de abril.
  • ANPA CEIP A Gándara: «Alicia, o tempo é relativo» – 18 de abril.
  • IES Río Cabe: «A Cincenta non quería perdices» – 19 de abril.
  • CEIP de Monforte: «Tarta de mora» – 23 de abril.
  • CEE Infanta Elena: «Vivan los libros» – 24 de abril.
  • Colexio P. Ferroviario: «Emocional mente» – 29 de abril.
  • IES A Pinguela: «Mortes de risa» – 30 de abril.
  • Colexio PP. Escolapios: «A pantasma de Canterville» – 2 de maio.
  • Prodeme: «Un médico a palos» – 3 de maio.
    Este certame representa unha oportunidade única para que os centros educativos de Monforte de Lemos exhiban o seu talento teatral e promovan a cultura na cidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Solidariedade Galega co Pobo Saharaui

Seguinte Nova

O PP de Sarria urxe estudo sobre fibra óptica no concello

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir aInicio

Don't Miss