Chantada mellora o Parque Eloísa Rivadulla

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, xunto con algúns dos partícipes no Obradoiro Dual de Empleo Serra do Faro VIII. Foto GPCCH.

O Obradoiro Dual de Empleo Serra do Faro VIII está a facer unha importante contribución á mellora dos espazos verdes nos concellos de Chantada, Carballedo e Taboada. Este programa de formación ofrece a vintena de alumnos participantes coñecementos en xardinería, albañilería e atención sanitaria.
No caso concreto de Chantada, o obradoiro está a centrar a súa actividade no Parque Eloísa Rivadulla. Os alumnos de albañilería traballaron na mellora da accesibilidade e acondicionamento do parque, renovando baños públicos e creando novas zonas verdes accesibles.
A pasada semana, comezou a labor do módulo de xardinería, enfocado en obras e mantemento dos xardíns. Ademais, está prevista a eliminación da zona de aparcamento no Parque Eloísa Rivadulla para crear un espazo verde con árbores e bancos.
“Queremos humanizar o Parque Eloísa Rivadulla con estas melloras. É un privilexio ter en Chantada este espazo amplo e tranquilo. Estamos a dotar de máis accesibilidade e comodidade como zona verde para o esparecimiento”, asegura o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela. Coa transformación do aparcamento en zona verde, o concello habilitará un novo espazo para estacionamento nun terreo na rúa Muiñeira, cedido por un particular.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, perde cuestión de confianza polos Orzamentos rexeitados

Seguinte Nova

Obras en estradas provinciais en Paradela, Saviñao e Sarria

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss