A xornada comezou coa visita ao colexio da Pobra, onde foron recibidos polo alcalde Xosé Lois Maceda, logo es estudantes mostraron o seu talento na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, onde houbo unha emotiva homenaxe á ex-directora do colexio da Pobra, Dora Fernández. Fotos GPCAPB.
O repentismo encheu de vida a Pobra do Brollón coa celebración do IV Encontro Interescolar de Improvisación, onde alumnado de seis centros educativos galegos converxeron para compartir o seu talento e creatividade na arte da brinca e a regueifa. A Casa da Cultura ‘Olga Novo’ foi o escenario desta emocionante xornada cultural que se desenvolveu o pasado xoves 4 de abril.
Representando a diversas localidades galegas, os alumnos do CEIP da Pobra do Brollón, o IES Río Cabe (Monforte), o IES Basanta Silva (Vilalba), o IES Marco do Camballón (Vila de Cruces), o CPI Alfonso VII (Caldas de Reis) e o CPI Poeta Uxío Novoneyra (O Courel) uníronse nun ambiente de camaradería e creatividade para compartir as súas habilidades no mundo da improvisación oral. A xornada comezou coa visita ao colexio da Pobra, onde foron recibidos polo alcalde Xosé Lois Maceda, seguido dunha apaixonante ruta polo Camiño de Inverno, que incluíu unha parada no Castro de San Lourenzo. O punto culminante chegou coa mostra aberta ao público na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, onde os estudantes mostraron o seu talento en brindos e regueifas, deleitando a todos os presentes.
Ademais do intercambio cultural, os alumnos aproveitaron para render homenaxe á ex-directora do colexio da Pobra, Dora Fernández, nun momento emotivo e cargado de recoñecemento.
O IV Encontro Interescolar de Improvisación non só foi unha oportunidade para enaltecer a rica tradición da improvisación oral en galego, senón tamén unha fermosa xornada de convivencia e intercambio entre os participantes, evidenciando o potencial creativo e enxeñoso da nosa mocidade.•