Nace «O Encontro de Sober», un foro estratéxico do diálogo rural-industria en Galicia

Venancio Salcines, presidente do Consello Reitor de CESUGA e o alcalde de Sober, Luis Fernández.Foto GPCS.

O Concello de Sober converteuse esta semana no epicentro do lanzamento do «O Encontro de Sober», un novo foro económico impulsado por CESUGA (Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia) que aspira a converterse nun referente no diálogo entre o rural e a industria na nosa comunidade. Con máis de 25 anos de experiencia en formación universitaria, CESUGA está detrás da organización deste evento que, seguindo o éxito do seu predecesor «O Encontro de A Toxa», se celebrará os vindeiros 9 e 10 de maio no Áurea Palacio de Sober. O obxectivo desta iniciativa é poñer de relevo o potencial industrial do medio rural galego e promover sinerxias que impulsen o desenvolvemento e a competitividade da Galicia interior. Venancio Salcines, presidente do Consello Reitor de CESUGA, sinalou a necesidade dun espazo como este para revitalizar o rural e a industria galega. O alcalde de Sober, Luis Fernández, destacou a importancia deste evento para o concello e para toda a Ribeira Sacra, nun momento crucial para a súa candidatura a Patrimonio Mundial.
O encontro reunirá a preto de 400 asistentes e un centenar de relatores de prestixio no ámbito empresarial, académico e público. Serán 17 mesas temáticas que abordarán os principais desafíos do futuro agro-industrial galego, desde o sector lácteo e cárnico ata as enerxías renovables e o emprendemento.
O foro conta co apoio do Concello de Sober, das consellerías do Medio Rural e Economía, Industria e Innovación, e de empresas como Estrella Galicia, Ence, Banco Santander, entre outras. O evento, que tamén incluirá espazos de networking e presentación de negocios, será retransmitido en streaming en YouTube e contará con comentaristas e entrevistas en directo cos participantes.
Máis información e inscricións na web de «O Encontro de A Toxa-Sober» en www.oencontro.gal.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Centro de Competencias Dixitais de Monforte cumpre un ano a pleno rendemento

Seguinte Nova

Os datos confirman unha alta ocupación

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss