- José Tomé Roca, Alcalde de Monforte: “Trátase dunha zona que, polas instalacións deportivas que acolle, conta con moito tránsito diario de vehículos, que se intensifica especialmente nas fins de semana, cando se disputan as diferentes competicións deportivas que acollen tanto o pavillón, como o campo de fútbol, a piscina ou as pistas de tenis”.
• Mellorarase o entorno que rodea as instalacións deportivas e os edificios de vivendas da zona da Pinguela: vías, aparcadoiros e beirarrúas municipais situadas na zona do Campo de fútbol, do Pavillón polideportivo, da Piscina municipal e das Pistas de tenis, cun orzamento de 223.715,10€.
• Acadarase unha nova ordenación do tráfico máis funcional, máis cómoda e máis segura.
• Haberá 263 prazas para turismos, 8 para discapacitados, 3 para autobuses e outras prazas para motos e bicicletas, incrementándose en 35 prazas as que hai neste momento.