O BNG de Monforte insta ao Concello a tomar medidas urxentes para abordar o preocupante estado das beirarrúas e o mobiliario urbano nas rúas Juan Montes e Ferrocarril.
A proposta presentada no pleno do Concello xorde ante a deteriorada situación destas vías, que, a pesar de teren sido asfaltadas recentemente, presentan un estado ruinoso. As fochas, incluso nos sumidoiros, constitúen un evidente perigo para a seguridade dos veciños. Durante o inverno, a acumulación de verdín ou musgo aumenta o risco de resbalóns.
O concelleiro Manuel Luaces (na foto superior) destaca que a substitución das luminarias deixou á vista buratos, cables e parafusos dos antigos farois, contribuíndo así á falta de seguridade nestas zonas. Ante esta situación, o BNG urxe ao Concello a tomar accións para mellorar estas condicións e garantir a seguridade e comodidade dos cidadáns nas rúas Juan Montes e Ferrocarril.•
Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL
Reclaman a recuperación de frecuencias, a execución de variantes ferroviarias e a mellora das infraestruturas para
A decisión da Xunta de Galicia de incrementar o canon de recollida de residuos en Sogama
Miguel Gallego foi elixido presidente de Novas Xeracións da provincia de Lugo no congreso que a
O BNG éstá a participar nas protestas convocadas polas familias dos colexios da Ribeira Sacra apoiando
O BNG éstá a participar nas protestas convocadas polas familias dos colexios da Ribeira Sacra apoiando