O Centro de Competencias Dixitais de Monforte cumpre un ano a pleno rendemento

Xestionado por LogiRail, destácase pola calidade do emprego e a formación especializada, xerou 11 postos de traballo directos e 25 indirectos no municipio, e espera ampliar o seu persoal en 2025

O 90% do cuadro de persoal actual do CCD de Monforte, está formada por traballadores locais. Foto RENFE.

O Centro de Competencias Digitais de Monforte, que cumpriu recentemente o seu primeiro ano de funcionamento, emerge como unha peza clave na dinamización económica e formativa da localidade. Este centro especializado en operacións de ciberseguridade ferroviaria, xestionado por LogiRail, filial de Renfe, é xa un referente non só na xeración de emprego xoven, senón tamén na aposta pola formación continua e especializada. A plantilla, composta por 11 persoas, amosa unha forte vinculación coa comunidade monfortina, sendo o 90% dos traballadores locais. Ademais, cómpre sinalar que a apertura do CCD tamén repercutiu positivamente no tecido empresarial da zona, xerando 25 empregos indirectos no municipio. O director do centro, Carlos Anta, destaca a importancia do ambiente laboral e a formación especializada que se imparte no CCD. A curva de aprendizaxe é superior á de outras empresas grazas ás prácticas baseadas en desafíos reais, asegura Anta. A ciberseguridade, un ámbito en crecemento constante, require profesionais cualificados. Anta subliña a importancia de achegar esta disciplina á educación e fomentar a súa participación entre as mulleres. Este ano, está prevista a impartición dun curso específico para elas, co obxectivo de ampliar a diversidade de perfís no sector.
O crecemento e evolución do equipo son palpables. Persoas con perfiles tecnolóxicos cualificados atoparon no CCD un lugar para desenvolver a súa carreira profesional. Experiencias como a de María Lajusticia, natural de Monforte, ou a de Andrés Reinaldo, procedente de Caracas, ilustran o impacto positivo do centro na comunidade e na atracción de talento.
María Lajusticia, de 23 años sinala que “o que máis valoro agora, ademais do ambiente dos compañeiros, é a calidade da formación, que é realmente boa. É especializada, con moitos vídeos, charlas sobre incidencias reais, todo moi documentado”. Andrès Reinaldo pola súa parte, viu no centro unha gran oportunidade laboral e non dubidou en incorporarse o pasado mes de setembro. A pesar do importante cambio que supuxo trasladarse tan lonxe da súa casa e a súa familia, Andrés puido iniciar o seu novo proxecto de vida en Monforte: “en catro meses xa recibín dúas formacións importantes e iso é unha oportunidade que non é habitual. Estamos agradecidos pola oportunidade. Isto é moi tranquilo, todo está preto, con moita natureza, cómese estupendo, a calidade da xente é excepcional. ”
O investimento de case 1 millón de euros por parte de Renfe en este proxecto, que se suma a outros centros similares en diversas localidades, evidencia o compromiso da compañía coa innovación e o desenvolvemento económico das comarcas nas que opera.
O CCD de Monforte aspírase a converterse nun referente no eido da ciberseguridade aplicada ao sector ferroviario.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Chantada destina 60.000 euros para axudas á natalidade no 2024

Seguinte Nova

Nace «O Encontro de Sober», un foro estratéxico do diálogo rural-industria en Galicia

Últimas noticias sobre EMPREGO

Ir aInicio

Don't Miss