
O Xeoparque Montañas do Courel lanzou un concurso para seleccionar o seu novo logo, adaptado ás novas normativas dos xeoparques mundiais da UNESCO. O gañador recibirá 1.000 € e un lote de produtos das Rocas del Geoparque. Poden participar todas as persoas cun deseño orixinal e inédito. A técnica é libre, pero debe ser reproducible en cuatricromía. O logo, que reflicte a identidade do Xeoparque, debe incluír as palabras «Geoparque» e «Montañas do Courel», e facer referencia aos pregues deitados do Courel. As bases están dispoñibles nas redes sociais do Xeoparque, e os traballos deben entregarse antes do 29 de abril.•