Obras en estradas provinciais en Paradela, Saviñao e Sarria

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou un novo investimento que supera os 800.000€ para acometer obras de mellora en cinco estradas provinciais ao seu paso por oito concellos: Guntín, Friol, Palas de Rei, Cospeito, Paradela, O Saviñao, Antas de Ulla e Sarria. A voceira socialista, Pilar García Porto valorou “o gran esforzo investidor para manter e mellorar a rede viaria provincial que, con 4.217 quilómetros, é a máis extensa de todas as Deputacións de España e tres veces maior ca da Xunta”. Dentro destas obras está a da estrada LU-P-4201, que dá servizo aos concellos de Paradela e O Saviñao, no treito que vai do quilómetro 8 ao 11,850 cun orzamento de 145.000€. Tamén se declararon de emerxencia as obras para arranxar os danos provocados polas choivas d no punto quilométrico 1,6 da estrada LU-P-5702, de Pedrafita a Vilanova de San Vicente por Sabadelle o seu paso polo concello de Sarria.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Chantada mellora o Parque Eloísa Rivadulla

Seguinte Nova

Rebeca Losada, a ilustradora da música pop, amosa o seu talento no IlustrarNós

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss