Os datos confirman unha alta ocupación

O sector turístico da Ribeira Sacra celebra os bos resultados a pesar das adversidades climatolóxicas

As Rutas Flluviais foron un éxito, as embarcacións navegaron praticamente completas dende o Xoves Santo ao Domingo de Resurrección en todas as travesías. Foto ARQUIVO.

Desde o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, informan sobre os datos recollidos ata o de agora, que indican unha Semana Santa exitosa para o sector turístico, a pesar das condicións climatolóxicas desapracibles. Segundo as cifras, a ocupación durante a Semana Santa foi satisfactoria, e a tendencia é positiva para o resto da tempada. Desagregando os datos, observamos que durante os días centrais da Semana Santa, que abranguen do 27 de marzo ao 1 de abril, a ocupación foi notabelmente alta en todos os tipos de aloxamento. Os hoteis de 3 e 4 estrelas alcanzaron unha ocupación do 82%, superando as previsións iniciais. O turismo rural, as vivendas turísticas e de uso turístico, así como o resto de aloxamentos, tamén rexistraron cifras positivas, coa ocupación total chegando ao 87%.
Nos días previos á Semana Santa, a ocupación tamén foi considerable, a pesar de ser algo inferior aos días centrais. Os hoteis de 3 e 4 estrelas alcanzaron unha ocupación do 74%, mentres que o turismo rural, as vivendas turísticas e de uso turístico, e o resto de aloxamentos tamén rexistraron cifras respectables, coa ocupación total chegando ao 67%. É importante destacar que, a pesar das pésimas condicións meteorolóxicas previstas, a Semana Santa superou as expectativas. A choiva e o mal tempo non afectaron significativamente á afluencia de visitantes, o que indica unha alta demanda turística na Ribeira Sacra. As políticas de cancelación flexíbeis e as reservas anticipadas contribuíron á estabilidade do sector.

RUTAS FLUVIAIS
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, subliñou o éxito das rutas fluviais pola Ribeira Sacra ao inicio desta tempada 2024, que atraeron preto de 2.200 viaxeiros durante a Semana Santa. Destacou o impacto económico directo no sector turístico, hostaleiro e comercial, así como o potencial de promoción que estes eventos representan para a comarca e a provincia.
Para a tempada completa, que se estende ata decembro, xa se rexistraron máis de 12.000 reservas, demostrando unha demanda continua e un interese estable nos vindeiros meses. As previsións para o resto do mes indican unha ocupación do 70%, o que confirma a tendencia crecente na planificación anticipada das viaxes e o éxito sostido do destino turístico da Ribeira Sacra.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Nace «O Encontro de Sober», un foro estratéxico do diálogo rural-industria en Galicia

Seguinte Nova

Chantada acolle unha concentración mototurística os días 13 e 14 de abril

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss