
O Grupo Municipal do PP de Monforte presentou alegacións ao regulamento da escola infantil co obxectivo de facelo máis completo e adaptado ás necesidades da comunidade. A voceira popular de Monforte, Katy Varela, explicou a necesidade desta adaptación, indicando que, tras manter contactos cos diferentes axentes implicados, acordaron unha serie de propostas de mellora. Entre as alegacións destacan a eliminación da dependencia orgánica e funcional da escola, a redución do número de integrantes na Comisión da Escola, a importancia de facer a axenda diaria de forma telemática e gratuíta, así como a inclusión do fomento do plurilingüismo. O obxec é axustar o regulamento á realidade local e garantir unha mellor adaptación ás necesidades das familias e dos nenos que asisten á escola infantil de Monforte.•





