Rebeca Losada, a ilustradora da música pop, amosa o seu talento no IlustrarNós

A ilustradora lucense Rebeca Losada sorprendeu a veciñanza coa súa demostración de debuxo na Praza de San Marcos de Lugo o pasado 3 de abril. O evento enmarcouse dentro do programa IlustrarNós, da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Losada deleitou ao público cun deseño que capturou “a sensación de liberdade que sentes ao empezar un debuxo”, empregando cores primarias que destacaron pola súa forza visual. As persoas presentes puideron seguir o proceso creativo e conversar coa artista lucense, recoñecida polos seus traballos no ámbito musical, editorial e textil. Bióloga de formación, para Rebeca Losada, o ano 2010 foi decisivo para ela, pois desde Inditex interesáronse polo seu traballo, e lle ofreceron facer unha serie de postais de nadal para a firma Oysho. Foi un punto de inflexión que a levou a adicarse exclusivamente ao debuxo.
Ilustradora e deseñadora, actualmente reside en Madrid onde colabora con diversas marcas de moda, elabora portadas de discos como as de Xoel López ou ilustra carteis para diferentes eventos e artistas como Love of Lesbian ou Rozalén.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Obras en estradas provinciais en Paradela, Saviñao e Sarria

Seguinte Nova

O BNG denuncia o estado das beirarrúas e o mobiliario urbano nas rúas Juan Montes e Ferrocarril

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss