O DOGA vén de publicar unha nova convocatoria do programa de apoio á dixitalización, destinando este ano 5 millóns de euros para impulsar a transformación industrial e reforzar a aposta dixital das pemes e autónomos galegos. O obxectivo é mellorar a competitividade do tecido produtivo e fomentar unha transformación dixital cada vez máis esencial no contexto económico actual. Neste senso, a Consellería de Economía e Industria, a través do Igape, pon en marcha esta nova convocatoria coa intención de apoiar a implementación de sistemas orientados ao soporte de procesos sectoriais multiempresa, tales como ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial e as empresas que conforman a súa cadea de valor, ou proxectos individuais de dixitalización ou conectividade para as pemes. As axudas, cun prazo de solicitude aberto ata o 27 de maio, cubrirán o 35% dos investimentos para as pequenas empresas e o 25% para as medianas. Ademais, para os gastos de consultoría, a axuda poderá chegar ao 50%. Como innovación, promóvese a implementación de iniciativas en concellos emprendedores. Deste xeito, promoveranse dúas tipoloxías de accións. Por un lado, proxectos colectivos nos que varias empresas abordarán xuntas a implantación de sistemas dixitais, xa sexa nas súas interaccións ou na xestión dos procesos. Por outro, iniciativas individuais nas que unha peme ou un autónomo poderá desenvolver interfaces dixitais, sistemas de intelixencia artificial, solucións para a dixitalización ou conectividade, ou sistemas de mellora da función loxística da empresa, sendo esta última unha das principais novidades desta convocatoria. Neste ámbito loxístico, as accións inclúen a robotización dos procesos, a xeolocalización de cargas ou vehículos de transporte, a implementación de vehículos autónomos, o reciclaxe de materiais de envasado, a aplicación da realidade virtual ou aumentada, ou a monitorización da pegada de carbono no transporte e distribución de mercadorías co fin de reducila.•
Últimas noticias sobre AXUDAS
O Concello de Chantada impulsa, por primeira vez, un programa de axudas á natalidade co obxectivo
O Concello de Quiroga xa ten aberto o prazo para solicitar as axudas anuais dirixidas a
Turismo de Galicia prolongou ata o 9 de decembro o prazo para que as empresas do
O Concello de Monforte de Lemos convocará, por oitavo ano consecutivo, o Programa de Fomento da
O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a orde da Consellería de Emprego, Comercio