Preocupación pola situación da atención da saúde mental

Albores Saúde Mental mantivo unha reunión coa Valedora do Pobo, Dona Dolores Fernández Galiño, quen amosou un grande interese en abordar a situación da saúde mental na zona sur de Lugo

A Asociación Albores Saúde Mental manifesta a súa preocupación pola situación actual da atención da saúde mental no sur da provincia de Lugo, especialmente en Monforte de Lemos e arredores. Segundo información proporcionada pola asociación, a zona está afrontando unha crise na atención psiquiátrica debido á falta de profesionais.
Historicamente, Monforte contaba con tres psiquiatras para atender á poboación local. Con todo, a marcha de dúas destas profesionais sen seren substituídas deixou a área cun déficit significativo de atención especializada. Como resultado, unha porcentaxe importante da poboación, especialmente aqueles con trastornos mentais graves como esquizofrenia ou trastorno bipolar, están a deixar de recibir o seguimento e tratamento necesario.
A carencia de revisións regulares da medición psiquiátrica é particularmente preocupante, pois pode levar a un empeoramento dos síntomas e unha maior dificultade no control dos trastornos.
Sen un psiquiatra de referencia, as labores preventivas están a ser comprometidas, o que significa que os casos de descompensación ou reagudización da sintomatoloxía non están a ser tratados de forma axeitada. A situación empeorou coa recente concesión dunha nova profesional de psiquiatría para a Unidade de Saúde Mental do Hospital de Monforte. Desafortunadamente, esta profesional foi trasladada para Ourense, deixando a zona sen atención psiquiátrica. Aínda que unha nova profesional foi asignada a Monforte, esta rexeitou a praza, deixando a comunidade nunha situación de incerteza sobre a resolución deste problema.
Ante esta situación preocupante, Albores Saúde Mental mantivo unha reunión coa Valedora do Pobo, Dona Dolores Fernández Galiño, quen amosou un grande interese en abordar a situación da atención da saúde mental na zona sur de Lugo. Animou ás persoas afectadas a compartir os seus casos na súa web, coa esperanza de facer presión sobre as administracións públicas para resolver esta crise na atención psiquiátrica.
A traxectoria da Asociación comeza en 1.999, ano no que xurde a coa idea de defender os dereitos e intereses das persoas con enfermidade mental e das súas familias, nos 11 concellos que se circunscriben no Distrito Sanitario Sur da provincia de Lugo, que se extenden ao longo de 1.835 km2. e aglutinan a 45.183 habitantes da provincia que se agrupan nas comarcas da Terra de Lemos, Chantada e Quiroga.
Actualmente a asociación Albores Saúde Mental posúe dous centros de rehabilitación psicosocial e laboral e tamén conta cun piso protexido para persoas con problemas de saúde mental grave, concertados co Sergas, así como diversos programas de intervención adicados ao colectivo de persoas con enfermidade mental, ás súas familias e a comunidade, cofinanciados por entidades públicas e privadas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Influencers descubren a Primavera de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia

Seguinte Nova

Raquel Arias insta a José Tomé Roca a solicitar a axuda da Xunta para crear en Monforte unha Unidade de Atención Temperá

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio

Don't Miss