A choiva non poido coa Feira do Viño de Vilachá

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, non quixo perderse acelebración, visitou as adegas e saudou ós colleiteiros e á veciñanza

A portavoz nacional destaca a excelente calidade dos caldos da Ribeira Sacra nunha visita á XXXI Feira do Viño de Vilachá, na Pobra do Brollón. Foto GPBNG

A choiva non foi impedimento para que a Feira do Viño de Vilachá, fora, un ano máis, un éxito de participación. Entre os visitantes ilustres, estivo a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, quen percorreu a feira xunto co alcalde, o tamén nacionalista Xosé Lois Maceda, e outros representantes do BNG na comarca e noutras zonas enmarcadas na Ribeira Sacra, onde hai rexistradas case 2.000 persoas viticultoras repartidas en 89 adegas, cun volume de negocio en torno aos 19 millóns de euros. Trátase dunha feira de gran tradición que se celebra nas Adegas de Vilachá, un conxunto etnográfico de gran valor patrimonial e paisaxístico que a líder nacionalista tamén puxo en valor e que segundo afondou o alcalde da localidade, “é o escaparate que amosa a viticultura que se está a facer neste recuncho da Ribeira Sacra”, pero tamén un certame que “amosa a etnografía e a paisaxe que crean os propios colleiteiros que hoxe están expoñendo aquí os seus produtos”, unha paisaxe que considerou especialmente importante manter “se queremos que esta zona se considere Patrimonio da Humanidade. “Nós temos que apoiar a estes pequenos emprendedores e que isto anime a que a xente siga vindo ao rural e que vexa que a produción de viño en Vilachá constitúe unha oportunidade económica e, polo tanto, tamén de asentamento de poboación no rural”, concluíu Maceda.
Ana Pontón, avanzou que o BNG vai presentar no Parlamento unha Lei do Viño de Galiza, co obxectivo de apoiar aos produtores e ás produtoras e dar ao sector o impulso que precisa.
O proxecto de lei no que traballa o BNG formará parte dunha batería de iniciativas en defensa dun sector “clave para o desenvolvemento do rural” pola súa capacidade “para xerar riqueza e emprego, para fixar poboación e para preservar o territorio”, asegurou Pontón, quen avogou por un novo marco legal que apoie a produción vitivinícola e fomente os procesos de innovación, industrialización e comercialización do viño.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis premios para os aceites de Quiroga

Seguinte Nova

O “Encontro de Sober” impulsa o desenvolvemento rural como eido clave na creación de riqueza e emprego

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

A %d blogueros les gusta esto: