A Deputación mellora unha estrada provincial ao seu paso por Sarria

A Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, durante a súa comparecencia. Foto: GPDL.

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo vén de dar luz verde este venres a dúas importantes actuacións nas estradas provinciais, co obxectivo de mellorar a infraestrutura viaria nos concellos de Sarria e Vilalba. Coa aprobación desta licitación, que supón un investimento conjunto de máis de 200.000€, a institución reafirma o seu compromiso coa mobilidade e o progreso da provincia. Segundo informou a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, esta decisión encaixa coa liña de traballo do Executivo provincial, que ten entre os seus obxectivos prioritarios a mellora da mobilidade en toda a provincia. En Sarria, a Deputación acometerá a mellora da estrada LU-P-5713, que conecta Sarria con Piñeira, cun investimento superior a 113.000€. Estas obras centraranse nos primeiros dous quilómetros da vía, cun prazo de execución de 3 meses. Incluiráa a reapertura de cunetas, a limpeza da drenaxe, a pavimentación e a sinalización vertical, co obxectivo de garantir unha circulación segura e fluída para todos os usuarios destas vías provinciais. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Claudio Garrido saca adiante os Orzamentos

Seguinte Nova

Chantada contra o cancro

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss