A exposición publica os Orzamentos do Concello de Quiroga para o ano 2024

Na sesión plenaria do 26 de abril, a Corporación municipal de Quiroga aprobou uns orzamentos que ascenden a 5.497.099 €, case 800.000 € máis que no ano anterior. Fotos GPCQ.

Os orzamentos aprobados provisionalmente polo Concello de Quiroga para este 2024 atópanse en exposición pública ata o vindeiro 27 de maio, despois da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Durante este período, os cidadáns poderán presentar alegacións, de non ser o caso, serán publicados para a súa aprobación definitiva.

Na sesión plenaria do 26 de abril, a Corporación municipal de Quiroga aprobou uns orzamentos que ascenden a 5.497.099 €, case 800.000 € máis que no ano anterior.
Estes orzamentos, aprobados co voto favorable de Independentes por Quiroga, PSdeG-PSOE e BNG, e coa abstención do Partido Popular, recollen unha inversión de máis de 700.000 €, destinada principalmente á reparación de vías locais, rúas, camiños e accesos a núcleos, así como á pavimentación. Tamén se inclúe a realización dunha auditoría da Rede de abastecemento de auga.
Outros proxectos incluídos nestes orzamentos son as melloras na eficiencia enerxética na iluminación pública e na casa do concello, a restauración de sendeiros da Rede Natura e a mellora da sinalización e dos recursos turísticos. Ademais, contémplase a adquisición dun tractor para desbroces.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Chantada impulsa o oficio da ourivería

Seguinte Nova

A igrexa de Montefurado amplía o seu horario para recibir a peregrinos e visitantes

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss