A festa do galego chegará a Monforte o 24 de maio

Da man da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, baixo o lema “Dende aquí ata acolá. Galego xa!”, a festa terá lugar no Parque dos Condes e contará coa actuación da Mekánika Rolling Band

Foto: GPVDL

O espírito reivindicativo e festivo do Correlingua vén de aterrar a pasada semana en Lugo, traendo consigo unha celebración cargada de simbolismo e música. Organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o departamento de Cultura do Concello de Lugo, este evento promove o uso do galego en todos os ámbitos, especialmente no ensino. A praza de Santa María convertiuse nun punto de encontro para estudantes de diferentes centros educativos da provincia. Participaron escolas de Lugo, Sarria, Baralla, Meira, Guitiriz, Cervantes, Friol, Cospeito, Castro de Rei e As Pontes de García Rodríguez. Baixo o lema «Dende aquí ata acolá. Galego xa!», a vixésimo cuarta edición do Correlingua ofrece un variado programa de actividades que inclúe concertos, festas, regueifas, obradoiros e concursos. Unha verdadeira celebración da cultura galega. O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, a deputada de Normalización Lingüística, Iria Castro, e a concelleira de Cultura de Lugo, Maite Ferreiro, presentaron esta iniciativa, destacando a importancia de promover o galego dunha maneira lúdica e festiva. Ademais de Lugo, o Correlingua tamén visitará Monforte de Lemos, o 24 de maio, e Burela, o 29 de maio, nunha última parada chea de alegría e compromiso co galego. No caso de Monforte de Lemos a festa terá lugar no parque dos condes e actuará Mekánika Rolling Band. A iniciativa promove a nteracción entre o alumnado de diferentes centros e localidades e contribuír a manter vivo o patrimonio creado polos galegos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

De Galicia ao Reino Unido co Esgrafiado Galego

Seguinte Nova

O Sacra Festival celébrase do 28 ao 30 de xuño na Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: