Acelera PEMES: asesoramento dixital para o tecido empresarial

O Alcalde de Monforte e Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, visitou a Oficina Móbil do Acelera PEMES. Foto GPDL.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, visitou a pasada semana en Monforte de Lemos a oficina móbil do Acelera PEMES, programa co que a institución provincial está a ofrecer asesoramento e soporte gratuíto en materia de transformación dixital ás empresas e autónomos da provincia. Desde o inicio deste proxecto, preto de 2.000 PEMES e autónomos recibiron apoio en dixitalización para modernizar os seus negocios, gañando eficiencia e competitividade. José Tomé reuniuse co persoal da unidade móbil e destacou que esta é a segunda rolda de visitas da iniciativa, durante a que 7 axentes dixitais farán diferentes paradas en máis de 50 concellos ata o vindeiro 20 de xuño. O Presidente salientou o impacto positivo especialmente nos concellos de menos de 5.000 habitantes, onde se están focalizando os esforzos, detectando a maior necesidade. Dende o inicio do programa, a Deputación asesorou máis de 1.750 empresas e atendeu 4.000 consultas, “o que pon de manifesto o grande interese que está a xerar para as pequenas e medianas empresas da provincia”, sinalou Tomé. A iniciativa busca incrementar a competitividade, produtividade e eficiencia das empresas, abrindo novas oportunidades de negocio e reforzando o apoio ao tecido produtivo para fixar poboación no rural.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Xuntanza en Chantada para debater o futuro do turismo rural

Seguinte Nova

Traslado de mesas electorais en Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss