Apostando pola Rehabilitación: Galicia impulsa programas para a recuperación do patrimonio urbano

O Instituto Galego da Vivenda e Solo destinou xa máis de 140 millóns de euros en axudas para mellorar a eficiencia enerxética de máis de 24.000 vivendas no conxunto de Galicia

Foto: IGVS

O goberno galego continúa a súa firme aposta pola rehabilitación de inmobles destinados a usos residenciais, un compromiso que se traduce en actuacións directas e axudas económicas destinadas tanto a particulares como a comunidades veciñais e promotores.
O impulso iniciado coa Lei de Rehabilitación e Rexeneración Urbana de Galicia en 2019 segue a dar froitos positivos. En canto á eficiencia na utilización de fondos europeos, Galicia foi unha das comunidades que máis proveito soubo sacar dos fondos do programa NextGenerationUE. Máis de 140 millóns de euros destinados á mellora da eficiencia enerxética de máis de 24.000 vivendas dan conta do compromiso e da efectividade das medidas implementadas. Ante o éxito das axudas concedidas nos últimos anos, que se resolveron con elevada execución, a Xunta ten previsto publicar en 2024 unha nova convocatoria dos programas para a rehabilitación enerxética, cun orzamento inicial de 37 millóns de euros.
Galicia mantén o seu compromiso coa rehabilitación urbana e continúa avanzando na súa loita contra o abandono e a degradación das áreas urbanas, consolidándose como un referente na materia.

Está prevista para 2024 unha nova convocatoria dos programas para rehabilitación enerxética a nivel de edificio, a nivel de vivenda e para a redacción de proxectos e do libro do edificio, cun orzamento inicial de 37 millóns de euros. Foto IGVS.

BALANCE DAS ÚLTIMAS CONVOCATORIAS
A convocatoria de 2022 dos programas de rehabilitación urbana mostrou unha alta execución das axudas concedidas. Destacan os programas de axuda a nivel de barrio e a nivel de edificio, que alcanzaron o 100% e o 99,87% de execución respectivamente. Non obstante, o programa de mellora da eficiencia enerxética en vivendas presenta unha execución menor, con tan só un 24,6%.
Na convocatoria de 2023, os programas de axuda a nivel de edificio e de elaboración do libro do edificio e a redacción de proxectos de rehabilitación tamén presentan unha execución alta, con porcentaxes de 99,99% e 92,89% respectivamente. Cabe salientar que, neste ano, non se convocou o programa de axuda a nivel de barrio

PROGRAMA REXURBE
Este programa está destinado á recuperación de inmobles e solares baleiros en centros históricos, converténdoos en vivendas de alugueiro a prezos accesibles.
A declaración de sete Áreas Rexurbe por parte da Xunta facilita a recuperación de conxuntos históricos, cunha clara aposta pola combinación de recursos para atender as necesidades prioritarias e a combinación de instrumentos de financiamento público-privado.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Presentada a cuarta e última guía da Deputación sobre o románico da provincia

Seguinte Nova

Xuntanza en Chantada para debater o futuro do turismo rural

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss