Chantada contra o cancro

Membros da Asociación Chantada contra o cancro, posando no Concerto Solidario de Acordeón do pasado marzo. Foto ACCC..

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva da Asociación Chantada contra o cancro anunciaba a súa decisión de rematar a súa etapa. Tras sete anos de actividade, a posibilidade de desaparición pendía sobre esta organización chantadina, que nacera co obxectivo de compartir experiencias, apoiar a doentes e ás súas familias, e promover hábitos de vida saudables.
Conscientes da importancia do traballo iniciado pola primeira presidenta e fundadora, Jesusa, e da necesidade de continuar co legado, unha nova directiva conformada por catro mulleres asumiu as rendas no comezo do 2024. Ana López (Presidenta), Salud Sánchez (Tesoureira), Elena Pavón (Secretaria) e Eva R. Argiz (Vogal) comprométense a manter viva a esencia da asociación e a seguir axudando á comunidade. A pesar dos desafíos, a actividade de Chantada contra o cancro non se detivo. No pasado mes de marzo, organizaron un concerto solidario de acordeón e, recentemente, impartiron charlas informativas sobre enfermidades de transmisión sexual nos institutos locais. O obxectivo é claro: informar e concienciar á mocidade sobre os riscos asociados ao virus do papiloma humano (VPH) e a súa relación co cancro, promovendo así a prevención e a saúde. Máis alá da labor divulgativa, a asociación tamén ofrece unha ampla gama de servizos para os pacientes e as súas familias. Dende atención psicolóxica ata asesoramento nutricional e actividade física, Chantada contra o cancro procura garantir que os doentes teñan acceso a un apoio integral e personalizado. Grazas á colaboración de profesionais e establecementos locais, estes servizos están ao alcance de todos, contribuíndo así a reducir as desigualdades no acceso á atención sanitaria. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación mellora unha estrada provincial ao seu paso por Sarria

Seguinte Nova

Chantada impulsa o oficio da ourivería

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss