Chantada impulsa o oficio da ourivería

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, durante a súa visita a Casa Losada. Foto GPXG.

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou a pasada semana Casa Losada na aldea de Sabadelle (Chantada) onde se estivo a desenvolver o obradoiro Unha xoia para a virxe do Faro, dirixida pola ourive compostelá Susi Gesto. Esta actividade enmárcase na mostra O tempo que ficou no olvido organizada polo Pazo de Sabadelle coa colaboración do Concello de Chantada e da Xunta a través da Fundación Artesanía de Galicia. Ao longo desta fin de semana, un total de 20 participantes crearon e deixaron a súa pegada nunha xoia colaborativa destinada a ficar na ermida do Monte Faro, un lugar emblemático na fronteira entre as comarcas do Deza e a de Chantada. A través destas iniciativas, a Xunta impulsa á divulgación dos oficios artesanais e ao seu achegamento á sociedade co obxectivo de poñer en valor o traballo dos profesionais da artesanía e da marca Artesanía de Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Chantada contra o cancro

Seguinte Nova

A exposición publica os Orzamentos do Concello de Quiroga para o ano 2024

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss