Éxito da V edición do Bono Activa Comercio en Lugo: esgotados os bonos en cinco días

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou en Chantada dous dos 6.850 comercios galegos -case un milleiro na provincia de Lugo- que ofreceron descontos. Foto GPXG.

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitaron Chantada para celebrar o éxito da quinta edición da campaña Bono Activa Comercio. Tan só cinco días despois de activarse a descarga de bonos para particulares, esgotáronse os 2,5 millóns de euros habilitados polo Goberno galego para descontos nos negocios adheridos.
A campaña, que contou coa implicación de 6.850 comercios nas catro provincias galegas, conseguiu mobilizar preto de 300.000 bonos e 12 millóns de euros en compras. En Chantada, o alcalde Manuel Lorenzo Varela Rodríguez, o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e o presidente da asociación de empresarios e do Centro Comercial Aberto, Iñaki Castiñeira, uníronse ao agradecemento do director xeral aos case mil establecementos da provincia de Lugo que participaron. O programa, financiado polo Goberno galego, ofrecía descontos de ata 30 euros co obxectivo de fidelizar e abrir a novos clientes para o comercio galego. Os negocios adhiríronse desde o 16 de abril, mentres que os consumidores puideron descargar os bonos desde o 26 de abril. Cada persoa tiña dereito a un único bono e, co esgotamento do orzamento de 2,5 millóns de euros, os bonos descargados xa non están dispoñibles.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Por Chantada pide á Xunta que indemnice aos proprietarios de edificaciós onde aniñen as cegoñas

Seguinte Nova

O Concello de Monforte abre o prazo para solicitar axudas para libros de texto e material escolar

Últimas noticias sobre AXUDAS

A %d blogueros les gusta esto: