José Tomé considera «que a persecución xudicial contra Besteiro e Orozco estivo impulsada, dirixida e controlada polo Partido Popular”

O Secretario Xeral do PSdeG na provincia, José Tomé Roca xunto co Secretario Xeral do PSdeG José Ramón Gómez Besteiro nun recente acto do 1º de Maio. Foto GPPSdeG.

O Secretario Xeral do PSdeG na provincia, José Tomé Roca, non dubida en denunciar a recente revelación dos «chivatazos» xudiciais ao ex Ministro Cristóbal Montoro sobre os rexistros na Deputación e no Concello de Lugo como parte dunha trama de persecución xudicial impulsada polo Partido Popular. Tomé sostén que estes feitos, xunto coa orquestración de auto anónimos e a implicación dun xuíz sancionado con vínculos ao PP, evidencian un uso partidista da xustiza para eliminar adversarios políticos.
«Todo o que está vivindo Pedro Sánchez a nivel do Estado, levámolo sufrindo na provincia de Lugo e en Galicia dende hai moito tempo, con Feijóo», sinala Tomé, subliñando a estratexia do PP de «atacar ao rival político, no persoal, utilizando para elo mesmo a xustiza».
O líder socialista advirte das graves consecuencias desta trama: «un dano irreparable ás persoas que o sofren -como Besteiro e Orozco-, danos ás institucións e socavan a democracia». Pola cal, o PSdeG na provincia personarase na causa xudicial de Montoro para esclarecer todos os feitos e esixir todas as responsabilidades, incluíndo a Feijóo e Rajoy.
«Feitos coma estes non deberían ocorrer nun Estado democrático», reforza Tomé, chamando á rexeneración democrática impulsada polo Presidente Pedro Sánchez e o Secretario Xeral do PSdeG. “Os socialistas estamos plenamente comprometidos cunha política limpa, honesta e transparente, de acordo cunha democracia forte e avanzada, e seguiremos traballando e liderando a acción política, como fixemos sempre dende un partido con 145 anos de historia, para conseguir máis e mellores dereitos para todos e todas os cidadáns, e por máis e mellor democracia”, afirmou o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo.

POLÉMICA POLO TRASLADO DA SEDE DO CRAEGA
Por outra banda, José Tomé Roca, sinalou, en relación co traslado da sede do Craega e as críticas feitas polo voceiro do PP Antonio Ameijide que «imos a pedir ao portavoz do Grupo Popular que deixe de mentir, que deixe de manipular, que deixe de enganar en relación co CRAEGA porque os feitos danos a razón e desmenten totalmente, xa que o que andou contando por aí a bombo e prato sobre o traslado do CRAEGA de Monforte para Lugo, cando quen tiña iso pactado con servador era precisamente un Partido Popular e intentou mover outros consellos reguladores que tamén están ubicados en Monforte».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Pantón celebrou ao grande a súa Mostra de Viños da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

De Galicia ao Reino Unido co Esgrafiado Galego

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss