Moteiras e moteiros percorren as terras do sur de Lugo na Ruta Castrexa

A marcha estivo organizada pola Asociación Motorista Lucense, e puntúa para a Copa de España de Mototurismo

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, representantes da organización, Aurelio Nóvoa e Mónica Lopez, e o deputado de Promoción Económica e Social Pablo Rivera. Foto GPVDL.

Moteiros de todo o estado participaron o pasado sábado, 11 de maio, na Ruta Castrexa, unha proba de mototurismo organizada pola Asociación Motorista Lucense coa colaboración das áreas de Deportes e Turismo da Deputación de Lugo.
Na proba, que puntuou para a Copa de España de Mototurismo, as moteiras e moteiros tiveron que completar un percorrido de 336 quilómetros polas comarcas da Ulloa, Terras de Lemos e Ribeira Sacra. Os participantes puideron escoller o itinerario máis axeitado ás súas características de condución, pasando polos controis de paso indicados pola organización nos que tiveron que parar e selar os seus pasaportes de ruta: Ventas de Narón (Portomarín), Palas de Rei, Antas de Ulla, Limiñón (Chantada), Ribas de Sil, Augas Santas (Pantón), Becerreá e Lugo, que foi o punto de saída e chegada.
Na presentación da proba, o vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, valorou “o traballo realizado pola Asociación Motorista Lucense para a consolidación desta proba, que apoiamos desde a súa posta en marcha hai catro anos” e destacou “as sinerxias entre deporte e turismo, especialmente en modalidades como o mototurismo, unha disciplina en auxe que, con esta proba, proxecta o patrimonio natural e cultural das comarcas do sur de Lugo a través da experiencia de moteiras e moteiros de todo o Estado”. No acto tamén participaron os representantes da entidade organizadora, Aurelio Nóvoa e Mónica Lopez, e o deputado de Promoción Económica e Social Pablo Rivera.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Consorcio aproba os seus Orzamentos

Seguinte Nova

Éxito rotundo na XXXIV Mostra Agrogandeira San Isidro de Sarria

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss