Novo vehículo do Centro de Día en Quiroga

Presentación do novo vehículo para o Centro de Día. Fotos GPCQ.

O Centro de Día de Quiroga conta xa cun novo vehículo para recoller aos usuarios que o soliciten. Esta mañá, o Equipo de Goberno presentou o novo coche, que será manexado polo persoal do concello, o que suporá un aforro en custos e a finalización da externalización do servizo de transporte.
O Concello solicitou unha subvención á Consellería de Política Social e Xuventude para adquirir este vehículo, destinado a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade, ao amparo do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation EU. O Centro de Día ofrece servizos de atención social e terapia ocupacional, ademais de servizos complementarios como a manutención e dietas e o transporte de recollida a domicilio, funcionando todos estes servizos á demanda dos usuarios. O novo vehículo ten unha gran capacidade que permite a fácil entrada e saída dos usuarios e está adaptado para transportar persoas con mobilidade reducida, pudiendo ser utilizado cunha cadeira de rodas na súa parte traseira. O Alcalde, José Luis Rivera, e o Concelleiro de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández, destacaron na presentación que o Equipo de Goberno ten en mente seguir mellorando este servizo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A igrexa de Montefurado amplía o seu horario para recibir a peregrinos e visitantes

Seguinte Nova

Máis premios para os aceites de Quiroga

Últimas noticias sobre SERVIZOS

A %d blogueros les gusta esto: