O Concello de Monforte abre o prazo para solicitar axudas para libros de texto e material escolar

José Tomé Roca, Alcalde de Monforte, anunciou con satisfacción a apertura do prazo para solicitar as axudas destinadas á adquisición de libros de texto e material escolar complementario para o vindeiro curso 2024/2025. Tras a publicación das bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, os interesados están en disposición de formalizar as súas peticións.
Esta iniciativa, que conta cun crédito máximo de 25.000 euros, coa intención de apoiar ás familias con menor renda per cápita do municipio de Monforte. O goberno municipal, decidiu incrementar o orzamento destinado a estas axudas en 5.000 euros no ano 2022, coa clara intención de facer fronte ás necesidades educativas das familias monfortinas.
Os interesados poderán presentar as súas solicitudes ata o venres 7 de xuño. O procedemento de solicitude require o preenchimento dun formulario normalizado, acompañado da documentación complementaria que establecen as bases da convocatoria. Este proceso poderase realizar tanto presencialmente, nos puntos de rexistro habilitados, como de forma telemática a través da Sede Electrónica municipal, garantindo así a accesibilidade e comodidade para todas as familias.
As axudas están dirixidas ao alumnado empadroado no Concello de Monforte e escolarizado en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nos centros docentes públicos ou concertados da localidade. A finalidade última destas axudas é contribuír a garantir o acceso á educación en igualdade de condicións para todas as familias monfortinas, reducindo as desigualdades sociais e facilitando o proceso educativo dos estudantes.

BENEFICIARIOS DAS AXUDAS
Para ser beneficiario/a destas axudas, cómpre cumprir con varios requisitos, entre os que se inclúe que a renda per cápita da unidade familiar non supere o 60% do IPREM mensual para o ano 2024 (360€/mes). A contía das axudas varía en función da etapa educativa do alumno/a, establecéndose en 150€ para educación infantil, 100€ para educación primaria, 120€ para educación secundaria obrigatoria e 150€ para alumnado con discapacidade.
Enténdese por renda per cápita familiar a resultante de dividir a renda da unidade familiar do exercizo fiscal 2022 entre o número de membros computables, tendo en conta que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade superior ou igual ó 33% ou a percepción dunha pensión da Seguridade social por incapacidade permanente ou a equivalente en clases pasivas.
Non obstante, cando as circunstancias económicas actuais non sexan coincidentes coa contía do IRPF no momento da solicitude da axuda, teranse en conta estas últimas, sempre que se xustifiquen documentalmente, tanto para o cálculo da renda per cápita como para a aplicación do baremo, segundo o establecido na base 8ª.
Na páxina web do Concello, na sección de Axudas, está toda a documentación dispoñible para formalizar a solicitude desta subvención municipal:
http://www.monfortedelemos.es/gl/axudas/.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Éxito da V edición do Bono Activa Comercio en Lugo: esgotados os bonos en cinco días

Seguinte Nova

A Deputación de Lugo abre o prazo para solicitar viaxes gratuítas polo «Coñece a túa provincia»

Últimas noticias sobre AXUDAS

A %d blogueros les gusta esto: