O concello de Monforte apoia á Sociedade La Fraternal

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o representate da sociedade, Isaac Mosquera Sampe na firma do convenio. Foto GPCM.

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, asinou recentemente un convenio coa Sociedade Cultural, Artística e Recreativa A Fraternal, co fin de axudar á entidade a superar dificultades financeiras e asegurar o funcionamento do seu local social.
A situación delicada pola que atravesa esta histórica sociedade recreativa, con máis de 100 anos de historia, motivou a decisión excepcional do Alcalde de outorgar unha subvención directa de 5.000,00€. A Fraternal vese na necesidade de afrontar débedas e os gastos derivados do peche da súa cafetería, así como do subministro eléctrico.
La Fraternal é unha das tres sociedades recreativas históricas de Monforte, xunto co Círculo Victoria e o Ateneo Casino. Fundada a finais do século XIX, a súa orixe está ligada ao desenvolvemento do barrio da Estación e á chegada do ferrocarril á cidade.
A sede actual da sociedade, na rúa Concepción Arenal, é unha parte importante da historia e do patrimonio cultural de Monforte. A colaboración do Concello con La Fraternal busca garantir que esta institución emblemática poida seguir xogando un papel vital na vida social e cultural da cidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación de Lugo abre o prazo para solicitar viaxes gratuítas polo «Coñece a túa provincia»

Seguinte Nova

O BNG insta á Xunta a apoiar o recoñecemento oficial da selección galega de fútbol

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss