O concello publica un bando sobre o uso de produtos fitosanitarios

Imagen: Cetaima

O Concello de A Pobra do Brollón, vén de publicar un bando sobre o uso de produtos fitosanitarios.
Dada a importancia da cuestión, e as moitas dúbidas e malos usos que se fan con maior frecuencia do debido,acompñamos, o texto literal do devandito bando publicado polo concello: «En cumprimento do RD 1311/2012 do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sostible dos produtos fitosanitarios, o Concello quere lembrar a toda a veciñanza a importancia de respectar o uso de estes produtos a fin de evitar posibles casos de contaminación de solos, augas e danos directos a persoas ou animais.
O Real Decreto 1311/2012, artigo 49, establece que está prohibida a aplicación de produtos fitosanitarios en espazos utilizados polo público en xeral, tales como:

  • Parques abertos.
  • Campos de deporte.
  • Espazos utilizados por grupos vulnerables.
  • Redes de servizos: áreas non urbanas, comprendidos os ferrocarrís e demais redes viarias, as de condución de augas de rego ou avenamento, de tendidos eléctricos, cortalumes ou outras, de dominio público ou privado, cuxa característica é consistir en espazos lineais ou redes de espazos lineais, particularmente para manter controlada a vexetación espontánea.
    En estos lugares solo se pode ser efectuada por usuarios profesionais, previo o asesoramento sobre a xestión integrada de pragas». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Pobra do Brollón aposta polas enerxías renovables e as comunidades enerxéticas

Seguinte Nova

Sober sede os 27º Xogos Autonómicos de Campo a Través e Petanca de Special Olympics Galicia

Últimas noticias sobre MEDIO AMBIENTE

Ir aInicio

Don't Miss