O “Encontro de Sober” impulsa o desenvolvemento rural como eido clave na creación de riqueza e emprego

Imaxe dun dos debates que tivo lugar no “Encontro de Sober”. Foto GPXG.

A pasada semana o Hotel Aurea Palacio de Sober acolleu o “Encontro de Sober”, unha nova iniciativa que busca fomentar o progreso no ámbito rural. Organizado polo CESUGA, estas xornadas tratan de promover o desenvolvemento do medio rural a través do diálogo entre industria, agro, universidade e sector público. No acto inaugural participaron a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez Rodríguez, o deputado provincial de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, a conselleira de Medio Rural, Mª José Gómez, a edil de Sober, Raquel Arias, o presidente da Confederación de Empresarios de Lugo, Eduardo Valín, e o presidente do Consello Reitor de CESUGA, Venancio Salcines. Todos agradeceron a creación destas xornadas destacando a importancia de explorar as sinerxías entre os distintos sectores para dinamizar o rural galego.
Con máis de 60 expertos e unha audiencia de máis de 400 persoas, o “Encontro de Sober” abordou temas clave para o desenvolvemento rural, como a tecnoloxía, sustentabilidade, emprego e emprendemento. Durante dúas xornadas, os participantes tiveron a oportunidade de debater e intercambiar ideas para promover a innovación e o progreso no rural galego.
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez destacoua importancia do diálogo e da colaboración entre os diferentes sectores, Rodríguez subliñou a necesidade de traballar en conxunto para materializar o potencial do rural en proxectos que dinamicen tanto o ámbito económico como o social.
As mesas temáticas de acceso gratuíto abriron as portas á reflexión e ao intercambio de coñecementos, ofrecendo un espazo único onde a Galicia empresarial, a industrial e a rural puideron atopar vínculos e inspiración para colaboracións futuras.

PRESENZA DAXUNTA DE GALICIA
No encontro tamén participaron a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González
María José Gómez, titular do Medio Rural, tivo un papel destacado na inauguración do evento e posteriormente na mesa redonda titulada “Sen corazón non hai corpo: o sector lácteo en Galicia”. Nesta mesa, Gómez destacou os retos futuros do sector lácteo e do agro galego en xeral. Subliñou a necesidade de seguir impulsando a remuda xeracional e fomentando o traballo da industria agroalimentaria, facendo especial referencia ás iniciativas da Xunta para apoiar a incorporación de mozos e a formación dos novos traballadores do sector. As axudas da Consellería para investimentos produtivos e a comercialización dos produtos agrícolas tamén foron resaltadas como ferramentas fundamentais para o desenvolvemento do rural galego.
Gómez fixo fincapé na importancia da mobilización e ordenación da terra agraria, sinalando os avances realizados ata o momento e as metas futuras neste eido. Destacou tamén a relevancia do sector lácteo en Galicia, que lidera a producción a nivel nacional e representa unha parte importante da economía galega.
Pola súa banda, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, abordou os desafíos e oportunidades do emprego no rural galego no seu relatorio “Emprego no rural galego: retos e oportunidades”. González destacou a importancia da colaboración público-privada e do diálogo coa sociedade civil para consolidar negocios e emprego de calidade no rural. Facendo referencia aos datos que reflicten a diminución do desemprego no sector primario, González subliñou a necesidade de seguir traballando en políticas que fomenten un mercado laboral accesible e dinámico no rural galego.
Así mesmo, referiuse á Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que conta xa con 13 centros activos con especial incidencia no rural e que ten atendido arredor de 1.800 iniciativas empresariais nos case dous anos que leva activa.
Por sectores, segundo dixo, predominan os servizos, seguidos da hostalaría e das actividades de comercio. No marco desta Rede, vénse de habilitar unha web -salientou- con microguías de emprendemento para orientar sobre tipos de negocio para poñer en marcha, incluída a transmisión de empresas que vaian pechar para garantir a súa continuidade.

A DEPUTACIÓN REIVINDICA O RURAL
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, tamén participou no foro económico O “Encontro de Sober: diálogos rural-industria”, defendendo a importancia de manter no rural servizos públicos como colexios e centros de saúde para asentar poboación no rural. “Afrontamos desafíos que requiren unha visión política comprometida para impulsar un desenvolvemento sostible do noso territorio, o noso rural está cheo de oportunidades e temos que apostar por iso dende as administracións públicas”, aseverou.
“Dende a Deputación reivindicamos a potencialidade do rural como fonte de produtos de calidade e como soporte dunha oferta turística sostible ligada ao coidado do medio ambiente, como parte indisoluble do patrimonio cultural, do Camiño de Santiago ou como plató de cine e de series de sona. Pero un rural vivo os 365 días do ano require servizos públicos de calidade os 365 días do ano, e ese é un compromiso que as administracións non podemos esquecer”, afirmou o Deputado, quen tamén puxo o foco na importancia das vías de comunicación, a conexión a internet ou a creación de emprego.
O “Encontro de Sober” representa un paso importante cara ao desenvolvemento sustentable do rural galego, evidenciando o compromiso das autoridades e da sociedade en xeral coa búsqueda de solucións innovadoras e colaborativas para os retos que enfronta esta importante parte do noso tecido social e económico.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A choiva non poido coa Feira do Viño de Vilachá

Seguinte Nova

A Pobra do Brollón aposta polas enerxías renovables e as comunidades enerxéticas

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss