O PP insta ao goberno local a renovar o firme do aparcadoiro do cemiterio de Monforte

Nos últimos días, as fortes chuvias evidenciaron o mal estado do firme do aparcamento do cemiterio municipal. Foto GPPP.

As constantes inundacións que sofren o acceso ao cemiterio de Monforte en días de choiva intensa volven a ser motivo de preocupación para os veciños. Katy Varela, voceira do Partido Popular, explica que, a pesar das peticións previas, o goberno local non tomou medidas e, como consecuencia, coa intensidade das chuvias recentes, o acceso ao camposanto volveu a asolagarse, dificultando e mesmo impedindo a entrada aos veciños.
«Cada vez que chove con certa intensidade, a entrada do cemiterio asolágase considerablemente, dificultando e, nalgúns casos, impedindo o acceso», afirma Varela. A situación é tal que, nos últimos días, as fortes chuvias evidenciaron o mal estado do firme do aparcamento do cemiterio municipal, causando unha asolagamento completo da entrada.

RENOVACIÓN DO FIRME
Ante esta situación, o Partido Popular defenderá no próximo pleno a necesidade de realizar de inmediato a renovación do firme do cemiterio e dos seus accesos. Varela sinala que é fundamental aproveitar a chegada do bo tempo para realizar esta actuación e garantir así a entrada de todos os monfortinos ao cemiterio, independentemente das condicións climáticas.
«É inaceptable que os veciños vexan dificultado o acceso ao cemiterio debido á falta de mantemento e de actuacións por parte do goberno local. Instamos a que se tomen medidas urxentes para solucionar este problema e garantir un acceso seguro e digno para todos os cidadáns», conclúe Varela.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O BNG insta á Xunta a apoiar o recoñecemento oficial da selección galega de fútbol

Seguinte Nova

O Consorcio aproba os seus Orzamentos

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss