Este ano 2024 é o Ano Luisa Villalta, pois o 17 de maio a Real Academia Galega honrará a Luisa Villalta, unha poeta que, como ven sinala Victor Freixanes, Presidente da Real Academia Galega, ten un xeito de concebir a creación artística que “se sitúa sempre na emoción e a ambición expresiva: poética sen concesións, que propón unha lectura esixente, ao tempo que ofrece rexistros renovados e estimulantes”. Luísa Villalta nace na Coruña o 15 de xullo de 1957, cidade na que residirá a maior parte da súa vida e que será materia principal da súa obra. Para Ana Romaní, o libro “En concreto”, é onde a fusión da autora coa súa cidade acada a súa plenitude. Mantén unha vinculación moi forte coa música, sobre todo na súa xuventude e xunto con Juan Fernán Vello, Paulino e Xosé Luís Pereiro, forman Escaino, e interpretan temas que soan a música galega, celta aderezadas cun pouco de jazz. Xa en 1985 entra na Orquestra de Santiago e posteriormente da Xove Orquestra de Galicia. A música sempre estivo presente na súa obra literaria e poética. Ademais da música, Luisa Villalta licénciase en Filoloxía Hispánica e en Galego-Portugués, e consegue praza como profesora de lingua e literatura galega c en Sada, no instituto Isaac Díaz Pardo. Dende ese momento, ademáis do seu traballo docente, adícase á poesía, novela, ensaio, colaboracións periodísticas o que compaxina cunha grande implicación nas inquedanzas sociais do seu tempo, o feminismo, a cultura galega e a súa língua, o movemento Nunca Máis logo do Prestige ou o derribo do Papagaio na Coruña.
A noite do 6 de marzo de 2004, mentras durmía, falece inesperadamente, vítima dunha meninxite. Catro meses despois publícase “En concreto”. Ana Romaní lembra, nunha reseña biográfica publicada pola RAG, que “a solidez do edificio que constrúe emerxe nunha obra marcada pola exploración, o pensamento apaixonado, a procura do rigor. Luísa Villalta pon de relevo, unha vez máis e fóra de estereotipos, a amplitude do campo literario que se estende en trazos de autoras únicas”.