
Os organizadores do Sacra Festival veñen de presentar a programación do evento, que se celebrará do 28 ao 30 de xuño en diferentes localizacións da Ribeira Sacra. A proposta combina música e espectáculos de danza e teatro con propostas gastronómicas e actividades relacionadas coa contorna.
O venres 28 de xuño en Pincelo e Quinta Sacra, contará coa actuación da cantante Sue Garrido, haberá unha mostra dos obradoiros de María Cabeza de Vaca e Tuétano. O sábado 29 de xuño en San Xoan da Cova en Carballedo, será o turno para Janet Novas con Feeling danza, Aldao Lado con música e poesía e Ángel Durán danza, “Sen Xente” de Davide Salvado e Cibrán Seixo, para rematar coa mostra do obradoiro de Jordi cortes e Davide salvado. •





