Pantón celebrou ao grande a súa Mostra de Viños da Ribeira Sacra

O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, e Antonio Acevedo Prado, Director Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria na inauguración da XXIX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón. Foto Montero

Os días 11 e 12 de maio foron testemuña dun dos eventos máis agardados en Pantón: a XXIX edición da Mostra de Viños da Ribeira Sacra. O Concello de Pantón viviu un fin de semana de celebración e convivencia nun ambiente festivo e cultural, onde os viños da comarca foron os grandes protagonistas.
O evento, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia, reuniu a veciños e visitantes nunha feira que se converteu nun referente gastronómico e cultural da zona. A apertura das casetas das 10 adegas participantes marcou o inicio dunha festa onde se puido degustar o mellor viño da Ribeira Sacra e desfrutar da riqueza vitivinícola da comarca.

FESTA DA EMPANADA
Os visitantes poideron degustar o viño acompañado de diferentes produtos da terra e desfrutar da sétima edición da Festa da Empanada.
Tamén se entregaron os premios do IX Concurso Fotográfico Rede Ribeira Sacra – Viticultura Heroica e houbo actuacións musicais con orquestras e charangas durante toda a fin de semana. As actividades xa deron comezo o xoves – 9 de maio – cunha cata de viños das tres ribeiras de Pantón.
Este ano coincidindo coa primeira xornada da mostra o recinto feiral acolleu o Brinde do Viño, que se celebrou simultaneamente en distintos territorios vitivinícolas de España para reivindicar o valor dos viños con denominación de orixe (DO). A DO Ribeira Sacra participa con 35 Consellos Reguladores máis.
A inauguración oficial a cargo de Antonio Acevedo Prado, Director Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, deu comezo á programación oficial do sábado, seguida dun brinde simultáneo co Día Movemento Viño D.O. e a VII Festa da Empanada. A música en directo, da man da Orquestras Gran Parada, amenizou a festa ata altas horas da noite, creando un ambiente festivo e alegre.

Durante a Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, tivo lugar a entrega dos premios do IX Concurso Fotográfico Rede Ribeira Sacra-Viticultura Heroica (foto superior).

E tamén foi moita presenza de medios de comunicación que cubriron o evento. Os nosos colegas de Radio Monforte. Fotos: Mar López Sotelo

PREGÓN A CARGO DE ALEXANDRA SEARA
O domingo, os asistentes puideron desfrutar do pregón da Mostra, a cargo de Alexandra Seara Sobrino, Xerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, seguido de música en directo e actuacións culturais. O evento ofreceu diversión para todas as idades e consolidouse como unha festa na que a tradición, a gastronomía e o viño se fusionaron nun ambiente de alegría e convivencia.
A Mostra contou coa presenza, da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, nunha visita, na que a conselleira quixo poñer en valor este tipo de mostras como escaparate da calidade da despensa galega e máis concretamente dos viños desta denominación de orixe. Gómez reafirmou, ademais, o decidido apoio da Xunta a este tipo de certames e, en xeral, a todo o que ten que ver co fomento e promoción das producións alimentarias galegas de calidade diferenciada. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

“As cegas de Ouselle” en Gundivós

Seguinte Nova

José Tomé considera «que a persecución xudicial contra Besteiro e Orozco estivo impulsada, dirixida e controlada polo Partido Popular”

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss