![](https://i0.wp.com/encomun.es/wp-content/uploads/2024/05/APRX.jpg?resize=366%2C250&ssl=1)
O alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato con Bioloxía do IES A Pinguela tivo a oportunidade de participar nunha emocionante ruta científica guiada polo xeólogo ourensán Eduardo Glez. Clavijo. Nas proximidades de Monforte, os estudantes puideron observar a estrutura das arxilas que integran o terreo do val de Lemos, así como detectar as fallas na súa configuración. Xa pola tarde, visitaron a Fervenza do Cachón no río Vaos e as Marmitas de Xigantes.