Traslado de mesas electorais en Monforte

Dende o Concello de Monforte, informan que debido ás obras para a nova Comisaría da Policía Nacional, as mesas electorais trasladaranse do antigo edificio de Sanidade-Drogodependencias ó Espazo Gastronómico e dos Mercados da Praza de Abastos. As mesas afectadas inclúen os distritos 1 e 2, onde se redistribuirán as letras A-Z, afectando ás rúas Cardenal, Hortas, Hermida Balado, Dr. Teixeiro, Roberto Baamonde, entre outras. Os cidadáns que votaban nestas mesas situadas no antigo Centro de Drogodependencias ubicado na rúa Otero Pedrayo e no antigo Centro de Hixiene e Sanidade, ubicado na Avda. de Galicia pasarán a facelo no Espazo Gastronómico e no Espazo dos Mercados da Praza de Abastos, na rúa Bailén, que será onde s trasladen estas 3 mesas.. O traslado busca asegurar a continuidade do proceso electoral mentres se realizan as obras na comisaría.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Acelera PEMES: asesoramento dixital para o tecido empresarial

Seguinte Nova

Monforte, capital do Taekwondo español

Últimas noticias sobre SERVIZOS

Ir aInicio

Don't Miss